Sopa boba
Aparencia
Coñécese como sopa boba o conxunto de guisos mesturados, que restaban dos alimentos dos comensais dunha pousada, bar, convento ou algún lugar de repouso; noutras palabras, eran os restos do menú diario que se lles daba aos chamados sopistas, a cambio dalgunha peza musical, verso ou troba.[1] Desta forma de vida provén a expresión vivir á sopa boba, que se di a aquel que vive sen esforzo ou a expensas doutro.